Amigos e amigas, moi boas noites e muito obrigado por convidarme a participar como palestrante da Asociación Ara Solis nesta reflexión sobre Porto e Galiza, que entendo eu que busca favorecer o irmanamento que debe darse e que de facto xa se da entre Galiza e o Norte de Portugal.
Non estou aquí en calidade de estudosa, nin de profunda coñecedora dos datos macroeconómicos que se manexan nesta nosa eurorrexión, senón máis ben como Presidenta dunha cámara fronteiriza: Tomiño, con vocación de irmanamento constante e preocupada polas relacións cos irmáns portugueses. Xogo con vantaxa no irmanamento con Portugal porque estou casada con descendente de portugueses e polo tanto con un fillo que se chama Rui Malheiro González que representa tan ben a mistura dos nosos pobos e o futuro que nos unirá.
Quixera na miña pequena exposición ir facendo un análise de máis pequeno a maior, dende o meu territorio de Tomiño, Galiza e logo o que chamamos a Eurorrexión
A Cámara de Tomiño ten unha poboación de 13.000 habitantes e unha extensión de 108 kilómetros cadrados distribuidos en 15 parroquias (o que voçes chaman freguesías). Trátase dun concello claramente rural (con dous pequenos núcleos de poboación) e con un factor de dispersión que faen que servizos como os sociais ou asistenciais resulten máis caros para a administración que os subministra. A nosa economía está basada fundamentalmente na planta ornamental, o kiwi, o viño (estamos dentro da denominación de Orixe Rías Baixas) e unha pequena industria loxística e de transportes do campo que terá prontas posibilidades de crecemento co polígono industrial en fase de construcción que dotará ao noso concello de 500.000 metros cadrados de superficie para os emprendedores do baixo miño e arredores.
Estamos a converternos recentemente, coas modernas comunicacións nunha especie de “lugar de segunda residencia de Vigo” que en moitos casos se asentan no noso concello, debido á maior calidade de vida e á carestía das cidades. Por iso, Tomiño foi nos últimos anos dependente do boom inmobiliario e basou o seu crecemento na industria do ladrillo.
A nosa comunicación con Portugal é constante, coa construcción da nova ponte internacional da Amizade no ano 2003, Tomiño está permanentemente comunicado coa veciña Vilanova de Cerveira e tamén con Viana e consecuentemente Porto, maior metrópoli do norte portugués que tamén nos da un punto estratéxico pois o noso polígono industrial está a 50 kilómetros de Vigo e a 120 de Porto, unido por unha porte internacional os dous grandes motores da chamada eurorrexión.
As relacións do meu concello con Portugal son fundamentalmente a través de Vilanova de Cerveira. Estas son principalmente a través de dúas vías:
1.-Por medio de relacións institucionais
2.-E por medio de relacións sociolóxicas existindo un forte intercambio humano e cada vez de maior mistura.
Nembergantes, botamos en falta unha cousa: o coñecemento mutuo da historia, da cultura, dos costumes.
O descoñecemento da xente do común do pobo que ten enfrente é moita, sorpréndeme altamente a ignorancia que en Portugal se ten da Galiza como realidade diferenciada, mesmo da nosa propia lingua. É curioso que todos os aquí presentes seguro que coñecen a forte identidade e idoma catalán, pero descoñecen a irmán lingua galega. Por iso, eu creo que tamén nas Cámaras pequenas debemos propiciar actividades en común, dende encontros ata actos lúdicos que fagan que os miúdos se coñezan.
Visualizando máis alá do meu concello raiano.Qué decir da Galiza?, das súas xentes do seu territorio?. Vou facer un pequeno resumo de xeito introductorio
A poboación galega mantén un crecemento estable nos últimos 5 anos. O Padrón municipal de habitantes proporciona para Galicia unha cifra de 2.767.524 habitantes na data de xaneiro de 2006, o que supón unha variación do 1,3% con respecto á mesma data do ano 2001. Esta estabilidade é resultado dunha tendencia decrecente nas provincias de Lugo e Ourense, que se compensa coa ganancia de poboación rexistrada nas provincias da Coruña e Pontevedra.
O fenómeno do envellecemento é moito máis evidente nas provincias de Ourense e Lugo, con valores do índice de envellecemento superiores a 200, o que implica que no interior de Galicia residen dous maiores de 65 anos por cada mozo. A Coruña
sitúase arredor da media galega (133), mentres que Pontevedra, a provincia máis ao sur segue a ser a provincia máis nova, cun índice do 100.
Respecto á nosa maneira de ocupar o territorio, hai que decir que:
as áreas urbanas e a periferia costeira se constitúen en importantes polos de atracción da poboación en Galicia.
O concello con maior densidade de poboación é o da Coruña, cunha densidade de 6.471,3 persoas/Km2, seguido de Vigo con 2.688.
Na provincia de A CORUÑA hai 94 concellos nos que reside un 40% da población galega (1.126.707 hab.).
Na provincia de OURENSE, hai 92 concellos, neles reside un 12% da población galega (339.555 hab.).
Na provincia de LUGO, hai 67 concellos, nos que reside outro 12% (357.625 hab.).
Na provincia de PONTEVEDRA, hai 62 concellos, nos que reside o 33% da poboación galega (938.311 hab.).
Falemos agora de Galiza e o Norte de Portugal da eurorrexión movida por dous grandes motores urbáns e industriais: a cidade de Vigo e a de Porto.
É claro o potencial económico da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal, xa que esta integra máis poboación (6,3 millóns de habitantes) que sete estados membros da Unión Europea: Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Luxemburgo e Malta.
Neste sentido vai ser moi importante a Agrupación de Cooperación Territorial (AECT) Galiza-Norte de Portugal, terá a súa sede en Vigo, será o ente que dote de personalidade xurídica á Eurorrexión e será a responsabilidade da xestión dos fondos europeos destinados á cooperación transfronteiriza no período 2007 – 2013 que ascenden a 97 millóns de euros. Así, desenvolverá o Plan Estratéxico de Cooperación Transfronteiriza 2007-2013, aprobado en abril do 2007 no cumio de Guimarâes e dotado con 97 millóns de euros. Co Plan establécense as condicións territoriais, institucionais e de partenariado básicas para que o proxecto de Eurorrexión vaia máis alá dun marco político e se converta en instrumento para potenciar a competividade da área. Neste sentido, impulsarase nos sistemas básicos de transporte e accesibilidade, reforzando a sinerxias entre o crecemento e o desenvolvemento sostible.
Así, os programas estratéxicos para este novo período teñen cambiado a orientación táctica con respecto ao do período anterior, así, perde peso a aposta polas infraestruturas, sendo os novos obxectivos os seguintes:
1. Incrementar a competitividade do tecido produtivo na Eurorrexión a través do coñecemento e a innovación.
2. Facer máis atractivo o territorio da Eurorrexión, impulsando as infraestruturas de transporte e accesibilidade e reforzando as sinerxías entre crecemento e desenvolvemento sostible.
3. Aumentar a cohesión social e territorial da Eurorrexión, mellorando os niveis de cualificación, a calidade do emprego e a inclusión social.
Como nacionalidade histórica, Galicia organízase, a través da Xunta, Parlamento, Tribunal de Contas e Valedor do Pobo, en autonomía política. Con base no artigo 143 da Constitución española, que determina cómo as provincias limítrofes con características históricas, culturais e económicas comúns poderán constituírse en Comunidades Autónomas para exercer o seu autogoberno, as provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra constituíronse en Comunidade Autónoma de Galicia mediante unha lei básica: o Estatuto de Autonomía.
Pola contra, a Rexión Norte de Portugal carece de poderes de autogoberno, nin o seu territorio se corresponde co ámbito potestativo de ningunha institución con competencias legalmente recoñecidas, o que pode resultar unha eiva ao ter un interlocutor de seu no país veciño. Máis alá do explicado a nivel politico ou económico entendo que deberán voces definilo grado de centralismo ou descentralización que propoñen Vostedes porque entendo CLARAMENTE que as relacións entre Galiza e Norte de Portugal non se deben reducir á creación de sinerxías económicas e empresarias. Ademais, a eurorrexión debe ser o espazo no que se impulse a cooperación entre distintos organismos e institucións, de intercambio cultural basado nun tronco lingüístico común.
A relación cultural non debe estar limitada a accións puntuais: un festival, a celebración dun premio ou duns xogos rexionais, senón que entendo que a relación debería ser constante baseada no máis grande patrimonio que temos en común: a lingua. Unha lingua que ben podería chamarse galego-portuguesa, sobre todo nas rexións fronteirizas, onde galegos entenden e falan cos seus veciños portugueses, e viceversa. Este é polo mesmo, un patrimonio non material que debemos conservar entre todos, xa que das nosas linguas autóctonas un valor engadido, ao tempo que posibilita unha profundización nas nosas relacións, económicas, culturais, sociais...
Agardamos que precisamente esta cultura sirva para educar ás novas xeracións para que saiban vivir no seu tempo pero sendo leais co seu pasado, é o que me moveu a estar hoxe en Porto e felicitar á Asociación Ara Solis pola súa iniciativa.
Para rematar traio do BNG, a organización política á que pertenzo, unha mensaxe de achegamento a Portugal : a “vantaxe” do noso idioma sempre nos facilitou un trato e unha boa comunicación, canle que nos une todavía máis aos galegofalantes e aos millóns de portugueses que hai polo mundo.

Sem comentários:
Enviar um comentário