29 abril 2008

ALCALDESA DE TOMIÑO - IMPRENSA

A alcaldesa de Tomiño representou a Galiza nun debate galego-portugués celebrado onte na cidade de Porto
http://www.inforosal.com/content/view/5876/47/
Martes, 29 de Abril do 2008
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, asistiu onte a tarde en Porto (Portugal) a un debate organizado pola Asociaçao Cívica e Cultural desa cidade, sobre o tema “Porto/Galicia – O Noroeste da Península Ibérica”.

A alcaldesa asistiu a este foro representando a Galiza, coa intención de analizar as relacións entre os dous pobos veciños e facer unha descrición da realidade socio-económica, cultural e lingüística galega na actualidade. "Estou moi satisfeita de que me elixiran para falar dos municipios e da realidade galega, xa que como alcaldesa dun concello fronteirizo e con vocación de comunicación con Portugal, como é Tomiño, entendo que calquera esforzo por analizar e fomentar as relacións entre os dous pobos, é moi positivo", salientou a rexedora local.

Sandra González compartirá mesa coa eurodeputada lusa Elisa Ferreira, ex-ministra de Planeamento e Ambiente; o rector da Universidade Lusófono, de Porto, Fernando Santos Neves, e o profesor catedrático de Filosofía, do Instituto de Letras Humanas da Universidade do Minho, Norberto Cunha.

Sem comentários: